Telecentro de Abegondo

aula-multimedia1

A Rede de Telecentros de Comunicación é un servizo público e gratuíto para tódolos cidadáns financiado pola Secretaría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, en colaboración cos Concellos onde se sitúan ditas aulas. O Centro Multimedia de Galicia, unidade do Servizo de Xestión do Centro Superior de Documentación (Subdirección Xeral de Telecomunicacións e Audiovisual), encárgase da xestión da Rede de Telecentros de Comunicación realizando, de forma coordinada, a posta en marcha de actividades formativas e a implantación de servizos e de accións de sensibilización e acercamento da poboación.

Os obxectivos da Rede de Telecentros de Comunicación son os seguintes:

* Ser un espazo aberto de comunicación.
* Familiarizar á cidadanía coas novas canles e soportes audiovisuais de comunicación.
* Facilitar o acceso público a Internet como medio de comunicación favorecendo a democratización de acceso aos servizos que proporciona a Sociedade da Información.
* Mellorar a formación profesional dos profesionais do sector audiovisual e multimedia.

Nesta laboura contribúe o <a href=”“>TC de Abegondo que se atopa na propia Casa do Concello ( R/ San Marcos 1. CP:15318, Abegondo- A Coruña)

As súas características son:

SALA AUDIOVISUAL

Capacidade I 40
E – mail I reservas@centromultimedia.net

EQUIPAMENTO

* 20 postos informáticos con CPU PIV, lector de DNI electrónico, DVD, Monitor TFT de 17″, Headset con micrófono e control de volume Windows XP e Paquete software ofimático e multimedia
* 1 posto de profesor con CPU PIV, Lector de DNI electrónico, DVD gravador, Monitor TFT de 17″, Headset con micrófono e control de volume, Windows XP e Paquete software ofimático e multimedia
* Impresora láser color
* Proyector con pantalla de proxección motorizada
* Pantalla de plasma de 42″
* Rack Multimedia con:
– Mesa de misturas de audio
– Amplificador
– DVD-RW con TDT
– Videoconferencia
* Micrófonos de mesa e inalámbricos
* Altavoces
* 2 cámaras motorizadas
* Pantalla tactil para control audiovisual e de luces
* Rede Wifi

Dejar un comentario