Exhibición das obras de “Curtas na Rede”

O pasado 28 de agosto tivo lugar no Centro Multimedia de Galicia a exhibición dalgunhas das obras participantes no III Concurso de Curtametraxes na Rede “Curtas na Rede”, concurso organizado pola Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Comunicación, da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual e do Consello de Xuventude de Galicia.

Este acto retransmitiuse para unha selección da rede de telecentros entre os que se atopa o de Abegondo. A este acto acudiron algunhas das persoas participantes no concurso, o codirector de Persecución e músicos que participaron nas curtametraxes.

A concelleira de Promoción Económica, Cultura e Xuventude, Fátima Insua, asistiu á proxección das curtametraxes e amosou a súa satisfacción polo feito de que o Telecentro de Abegondo sexa utilizado para actividades tanto formativas, educativas como lúdicas e de lecer.
Curtas na rede

Dejar un comentario